Posted by PSOE de Ourense under
General Leave a Comment

O Comité Electoral do Partido Socialista na provincia de Ourense comunica que, queda suspendida toda actividade de campaña por mor do asasinato do ex-concelleiro socialista, Isaías Carrasco.
O PSdeG-PSOE condena firmemente e expresa o seu rexeitamento máis enérxico fronte ao asasinato desta mañá contra un ex-concelleiro do PSE.
Os socialistas manifestan que “a banda terrorista xamais conseguirá vencer á democracia, á convivencia en paz e á liberdade de todos os españois. O terrorismo non ten cabida na sociedade democrática. Só co traballo unido de todas as forzas políticas e sociais, o Estado de Dereito porá fin a esta lacra e os asasinos pagarán as súas culpas.”
Posted by PSOE de Ourense under
General Leave a Comment

A candidata ao Congreso, Elena Espinosa, recollendo un agasallo, durante a súa visita ao viveiro de Braña, no municipio de Esgos.
Posted by PSOE de Ourense under
General Leave a Comment

Os candidatos socialistas ao Congreso e ao Senado visitaron as obras do AVE ao seu paso pola provincia de Ourense.
A cabeza de lista á Cámara Baixa, Elena Espinosa, non quixo deixar pasar a ocasión para recomendarlle a Rajoy “que viaxe a Ourense en helicóptero para ver as obras da Alta Velocidade e que faga un exercizo de hemeroteca para ver o que fixo o PP en oito anos e o que fixo o PSOE en catro”.
Posted by PSOE de Ourense under
General Leave a Comment
Nunha entrevista concedida a Onda Cero, o candidato ao Senado, Miguel Fidalgo, animou a todos os ourensáns a votar con indiferencia da orientación do seu voto.
Fidalgo fixo un especial chamamento aos xóvenes aos que lles pediu que o 9 de marzo acudan ás urnas “porque non poden deixar escapar a oportunidade de ter un Goberno que se preocupe polo futuro dos nosos mozos e mozas. Por primeira vez en moitos anos, as inquedanzas dos xóvenes foron escoitadas por un Goberno, por un Goberno do Partido Socilaista”.
O candidato ao Senado afirmou que “a taxa de paro na provincia de Ourense é a máis baixa da democracia. Estamos preto do pleno emprego que esperamos conseguir na vindeira lexilatura”.
Fidalgo animou aos oíntes a vota a Zapatero quen ·”acadou logros históricos, a aprobación da Lei da Dependencia, a Lei da Igualdade, a Lei de Desenvolvento Sostible do Medio Rural, avances en infraestruturas, axudas ás familias e moitas outras iniciativas que tan só teñen garantida a súa continuidade se o 9 de marzo gaña o Partido Socialista”.
Posted by PSOE de Ourense under
General Leave a Comment

A candidata ao Congreso, Elena Espinosa, e o número dous da candidataura, Alberto Fidalgo, participaron nun mitin en Castro Caldelas onde estiveron acompañados polo alcalde, Eladio Osorio.
Durante o mitin os candidatos insistiron no cambio que sufriu España nos últimos catro anos e, animaron aos asistentes a ir a vota o 9 de marzo para que eses cambios se poidan consolidar e, España sega avanzando e sendo unha das principais economías do mundo. O noso país crece hoxe o doble que Alemania, o triple que Italia e moito máis que Estados Unidos.

Posted by PSOE de Ourense under
General Leave a Comment

O conselleiro de Economía, Fernández Antonio, o candidato ao Senado, Miguel Fidalgo e, o alcalde de Ourense, Francisco Rodríguez, reuníronse onte con representantes do Centro Comercial Aberto de Ourense.
Durante a xuntanza, Fernández Antonio, insistiu en que “a pesar de que o Partido Popular repite, unha e outra vez, que estamos en crise. Non é certo. Atopámonos ante unha desaceleración económica provocada por factores internacionais e, a pesar diso, Galicia, por primeira vez na súa historia, crece por riba da media europea e española. Está previsto que creza un 4% ao longo de 2008″.
Fernández Antonio tamén destacou que “Zapatero demostrou que non é incompatibe a posta en marcha de políticas sociais co crecemento económico. Hoxe, os españois e os galegos teñen máis dereitos, o que non é incompatible co crecemento económico do noso país, que crece por riba de Italia e Estados Unidos”.
O conselleiro de Economía aproveitou a súa estancia na nosa cidade para anunciar que o seu departamento traballa na elaboración dun plan de apoio para o pequeno comercio de Ourense, similar ao presentado fai uns días para Ferrol.
Posted by PSOE de Ourense under
General Leave a Comment
Posted by PSOE de Ourense under
General Leave a Comment

Miguel Fidalgo e Laura Seara participaron nun mitin en Punxín onde fixeron balance da xestión de Zapatero ao longo destes últimos catro anos e, recordaron a todos os asistentes as razóns polas que Zapatero debe gañar o 9 de marzo.
O candidato ao Senado recordou que “Ourense foi unha das grandes esquecidas do Partido Popular a pesar de ser a que máis votos lle deu para que Aznar e Fraga foran presidentes”.

“Durante os últimos catro anos, nos que o Partido Popular non aprendeu a facer oposición, Rajoy e os seus secuaces dedicáronse a criticar todas as propostas do Goberno de Zapatero sen ser capaz de presentar ningunha alternativa”.
Fidalgo rematou a súa intervención facendo un retrato de Rajoy. “Non podemos esquecer que Rajoy é o home que fixo o decretazo, é o home que aprobou a LOU sacando á rúa a milleiros de estudantes, é o home que conxelou o soldo dos funcionarios, é o home que falaba de ‘hilillos de plastilina’ mentres as nosas costas se enchían de petróleo. Ese é Rajoy, ¿que nos pode ofrecer agora?”.