clip_image00213.jpg

clip_image00211.jpg

Alberto Fidalgo, número dous ao Congreso, e a delegada de Presidencia Concepción Caamiña durante un mitin en Bande.

clip_image00210.jpg

A candidata socialistas ao Congreso, Elena Espinosa, visitou o Colexio de Veterinarios de Ourense, acompañada do número dous, Alberto Fidalgo e, do delegado de Sandidade, Juan Monedero.

Durante a xuntanza Espinosa resaltou a relación de colaboración mantida cos colexios de Veterinarios durante o seu mandato ao fronte do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación e,  amosou a súa cofianza en que as relacións con este colectivo segan a ser de colaboración  se o 9 de marzo os socialistas logramos acadar a cofianza dos cidadáns.

Mitin en Ribadavia

Levamos seis días de campaña e, en todos os actos que levamos organizados, os socialistas puidemos comprobar que o proxecto político que comezamos fai catro anos e que plantexamos para o futuro, conta co respaldo de milleiros de persoas.

Todos e cada un dos actos que levamos celebrados durante a precamapaña e a campaña, estiveron abarrotados de xente. Xente con ilusión, que nos apoia e nos da forzas para seguir traballando polo futuro desta provincia.

No mitin de Ribadavia moitos dos asistentes tiveron que permanecer fora da Casa da Culturaao igual que ocorreu no mitin de Carballiño de doutros municipios, dentro non había espacio nin para unha agulla, ata o punto de que o alcalde da vila, Marcos Blanco, comezou a súa interveción amosando o seu orgullo pola resposta da xente; “é un luxo poder contemplar dende este atril a un público tan entregado”.

Como non podía ser doutro xeito, pola súa condición de ribadaviense e de candidato ao Senado, o segundo en intervir foi Miguel Fidalgo que tivo que suspender o seu discurso en varias ocasión pola ovación que lle brindaba o público.

Fidalgo afirmou sentirse orgulloso de estar na súa vila explicando todas as actuacións que nos últimos anos os socialistas levamos realizando na comarca, “porque os socialistas non temos de que avergoñamos e podemos dar a cara. Estamos nunha comarca que o Partido Popular tivo esquecida, da que só se preocupou dela para pechar as fábricas de ataúdes, a industria do moble promovendo a emigración. No que levamos de democracia Ribadavia perdeu 10.000 habitantes”.

O candidato ao Senado insistiu en que “Galicia, Ourense e a comarca teñen un futuro impecable capitaneado polo presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño. Os socialistas estamos a ter en conta todas as demandas dos veciños e veciños da comarca aos que o PP sempre tivo esquecidos. Por primeira vez, a comarca ten importantes proxectos en desarrollo, un dos máis salientables o parque medioambiental de Carballeda de Avia”.

A conselleira de Política Territorial, María José Caride, estivo onte en Ribadavía onde fixo balance das infraestructuras executadas polo seu departamento e polo ministerio de Fomento na comarca.

Na xuntanza estivo acompañada do candidato ao Senado, Miguel Fidalgo, que amosou a súa satisfacción pola implicación que os Gobernos socialistas tanto da Xunta de Galicia como o do Estado desmostraron e desmostran coa comarca do Ribeiro. “Todos podemos comprobar  como o Ribeiro estase a convertir nun punto  fundamental para que a nosa provincia sexa o a capital das comunicacións de Galicia”.

Ao remate da xornada, Caride participou nun mitin en Amoeiro, onde estivo acompañada da candidata número tres ao Senado, Antía García.

García aproveitou para facer balance das políticas postas en marcha por Zapatero para os xóvenes. A número tres ao Congreso recordou que “por primeira vez os líder políticos escoitaron as preocupacións e demandas dos mozos e mozas. Por primeira vez os a clase política escoitou  aos que significan o futuro da nosa provincia. Tivo que chegar un Goberno socialista para  que iso fora posible”.

Antía García finalizou pedindo o voto a todos os asistentes argumentando que “non podemos perder o tren do progreso”.

clip_image0026.jpg

O Partido Socialista presentou a flota de vehículos e un autobús de dous pisos que percorrerán toda a provincia durante a campaña electoral publicitando as mensaxes e os actos dos socialistas.

O candidato ao Senado, Miguel Fidalgo, explicou, ante os medios de comunicación, que “o que queremos os socialistas é que todos os cidadáns da provincia teñan a oportunidade de coñecer todo o que Zapatero fixo por Ourense, por Galicia e por España durante estes catro anos e, que tamén poidan coñecer todas e cada unha das propostas e proxectos que porá en marcha se gaña o 9 de marzo.”

“Son un total de doce coches -explica Fidalgo-que se encargarán da megafonía e de repartir publicidade e, un autobús cun deseño innovador, decorado co cartel oficial da campaña electoral”.

Dende o Partido Socialista aseguran que queren facer “unha campaña que chegue a todos os cidadáns, necesitamos o apoio de todos os veciños e veciñas para seguir cambiando a provincia”.

clip_image0027.jpg

Os candidatos ao Congreso e ao Senado abriron a campaña electoral arroupados por máis de trescentas persoas entre cargos públicos de toda a provincia, militantes e simpatizantes do Partido Socialista.

No acto, no que interviron o alcalde de Ourense, Francisco Rodríguez, o secretario provincial, Manuel Vázquez, a protagonista absoluta da noite, a candidata ao Congreso, Elena Espinosa,  tivo que parar o seu discurso en varias ocasións ante os gritos de ‘Zapatero presidente’.

Manuel Vázquez, durante a súa intervención, afirmou que “mentres certos dirixentes do Partido Popular só veñen a Ourense en campaña electoral para intentar gañar algún voto, ministros e conselleiros do Partido Socialistas visitan a provincia con frecuencia”.

Pola súa banda, Espinosa, animou a todos os cidadáns a que o 9 de marzo exerzan o seu dereito ao voto, para “consolidar o despeque económico e social da provincia. Se Zapatero gaña as xerais, Ourense  ten un futuro garantizado, faranse en toda a provincia importantes inversións que a convertirán no eixo das comunicaións de Galicia”.

cartel-oficial.jpg

clip_image0028.jpg

Membros da candidatura do PSdeG-PSOE ao Congreso e ao Senado, visitaron a Asociación de Xordos de Ourense para coñecer as demandas deste colectivo.

Durante o encontro o número dous ao Senado, Miguel Fidalgo, comprometeuse a aprender a lingua de signos para, dentro de catro anos, poder volver visitar a asociación e charlar máis distendidamente co colectivo xordo.

Os socialistas explicaron que “foi o Goberno de Zapatero o que aprobou a Lei que recoñece a lingua de signos e os medios de apoio á comunicación oral das persoas xordas, con discapacidade auditiva e xordocegas. Con esta medida aténdese unha reivindicación histórica dun colectivo que supera o millón de persoas en toda España”.

Pola súa banda o número dous ao Congreso, Alberto Fidalgo, puntualizou que “durante as lexislatura que ven de rematar aprobáronse  as normas de desarrollo para a Lei de Igualdade de Oportunidaes, non discriminación e accesibilidade universal das persoas que padecen algún tipo de discapacidade. Hai que recordar que esta Lei foi aprobada polo PP, pero deixouna sen desenvolver.

Os candidatos comprometéronse a visitar a asociación dentro de catro anos para, se o 9 de marzo gaña o Partido Socialista, dar contas do feito.

clip_image0025.jpgMiguel Fidalgo, candidato ao Senado, e Alberto Fidalgo, número dous ao Congreso, presentaron o programa co que o Partido Socialista se presenta ante os cidadáns para gañar as Eleccións Xerais do 9 de marzo.

 Alberto Fidalgo destacou que “o programa electoral que hoxe presentamos, trátase dun catálogo de principios e valores que os socialistas queremos transmitir aos cidadáns e, en base aos cales queremos construír unha  sociedade mellor”.

“Os socialistas -continúa Fidalgo- presentámonos a estas eleccións co aval do deber cumprido ao longo destes catro anos. A lexislatura que ven de rematar caracterizouse polo impulso ao benestar social. Durante o Goberno de José Luis Rodríguez Zapatero puxéronse as bases dunha sociedade preparada para afrontar retos de futuro”.

Pola súa banda, o candidato ao Senado, Miguel Fidalgo, destacou que o Partido Socialista preséntase a estas xerais con tres obxectivos prioritarios: lograr o pleno emprego e acadar un nivel de benestar máis elevado, rematar a modernización do noso país e, crear unha España unida, cohesionada, na que o diálogo e o consenso caractericen o xeito de facer política”.

Dende o Partido Socialista explican que nos vindeiros quince días de campaña electoral, explicarán aos cidadáns todas as propostas que levan no programa electoral.

O candidato ao Senado precisou que “é necesario que José Luis Rodríguez Zapatero volva a ser o presidente de España para garantir a continuidade de moitas das medidas postas en marcha polos socialistas nos últimos catro anos”.

“O único xeito que  o AVE chegue a Galicia nos prazos anunciados e de que Ourense se converta  nunha sociedade moderna, é que José Luis Rodríguez Zapatero volva ser o presidente de España.  Se o 9 de marzo gaña o Partido Socialista, gañan Ourense e os ourensáns”.

Con respecto á gran pegada que fará o Partido Popular en Bos Aires, Miguel Fidalgo afirmou que “este é un novo teatro dos populares. Mentres estiveron no Goberno só tiveron en conta á comunidade emigrante nos periodos electorais”.

Fidalgo recordou que foron os socialistas, nesta lexislatura, “os que aprobamos o  Estatuto de Residentes no Exterior e, convalidaron as titulacións universitarias entre moitas outras medidas”.

Os socialistas comprométense a traballar  para que os emigrantes poidan votar en urna, e defenden a creación dunha circunscrición do emigrante.

A conselleira de Política Territorial, María José Caride, acompañada do secretario provincial do PSOE, Manuel Vázquez e, do candidato ao Senado, Miguel Fidalgo, mantiveron unha xuntanza con empresarios de O Carballiño.

Durante o encontro Caride, fixo un repaso das inversións feitas, tanto desde a súa Consellería como desde o ministerio de Fomento, para mellorar as infraestruturas da comarca e situar a O Carballiño nun referente económico e empresarial da zona. A conselleira destacou a  importancia do levantamento do peaxe da autovía A-53 entre Dozón e Ourense para que esta provincia deixe de ser unha provincia de segunda. Pouco a pouco, Ourense estase a converter na capital galega das comunicacións”.

« Entradas anterioresEntradas siguientes »