Hoxe pola mañá “os Fidalgo” presentaron ante os medios de comunicación a web do Partido Socialista de Ourense para a campaña. Unha web que segundo explicou o candidato ao Senado, Miguel Fidalgo “non é unha páxina de información senón de participación: os protagonistas de www.ourenseelecciones2008.psoe.es son os/as cidadáns”.

Os socialistas queremos que os ourensáns participen de xeito activo no cambio desta provincia, cambio que comezou fai catro anos coa chegada ao Goberno de España de José Luis Rodríguez Zapatero, e por iso poñemos á súa disposición unha web na que todo o que o desexe pode enviarnos as súas suxestións e propostas, e plantexar cuestións que, “os Fidalgos” se comprometeron a respostar coa maior brevidade posible.

O número dous ao Congreso, Alberto Fidalgo, aproveitou o encontro cos xornalistas para salientar o esforzo inversor feito polo Goberno Zapatero en materia de I + D + i e, anunciou que “en outubro de 2008, 3744 núcleos de poboación da nosa provincia terán aceso á banda ancha”.

España camiña cara a Administración Electrónica que, será un dos grandes obxectivos de Zapatero se gaña o vindeiro 9 de marzo.

Anuncios