Os socialistas de Piñor de Cea reuníronse co secretario xeral do PSdeG-PSOE na provincia e cos candidatos ao Congreso e ao Senado para falar da organización da campaña electoral.

Durante o encontro o secretario provincial, Manuel Vázquez, explicou aos asistentes que “o Partido Socialista é o único partido capaz de seguir cambiando a provincia de Ourense, idea na que insistiu o alcalde do municipio Francisco José Fraga.

Fraga sinalou  a importancia que ten para Piñor de Cea a posta en marcha de leis como a da Dependencia o a de Desenvolvemento Sostible de Medio Rural. “O único xeito de que as demandas e preocupacións dos cidadáns segan a ser o eixo das políticas é que José Luis Rodríguez sega a ser presidente do Goberno”.

Anuncios