O sábado asistimos á constitución da Agrupación Municipal de Xuventudes Socialistas de Taboadela cuia secretaria xeral será a xa concelleira, Sonia Fernández. Foi un acto emotivo, polo moito que supón para o Partido Socialista de Taboadela, ao que asistiron os candidatos Alberto Fidalgo, Miguel Fidalgo e Antía García, a deputada Laura Seara e o secretario de XXSS de Ourense, Jonathan da Silva, e o portavoz no concello, Álvaro Vila,  así como un bo número de militantes e simpatizantes.

Durante a súa intervención Sonia Fernández explicou que aproveitará a súa condición de concelleira no municipio “para trasladar aos Goberno local do Partido Popular as demandas dos máis xóvenes” e,  esixirlle “que faga políticas para os xóvenes xa que nunca se preocupou por este colectivo”.

Álvaro Vila, portavoz municipal, centrou o seu discurso en facer un percorrido por todas as inversións feitas polos socialistas no concello, enfatizando a inversión feita polo Ministerio de Fomento de 1.269 millóns de eurios para a construcción do paso subterráneo de As Quintas, e as obras de mellora que a consellería de Medio Ambiente acometerá no abastecemento de Allariz e Taboadela cun custe de tres millóns de euros.

Anuncios