Membros da candidatura do PSdeG-PSOE para o 9-M,  visitaron a  Asociación Abeiro e a ONG Galicia Terra de Acollida. Duranta a visita os candidatos trataron de explicar a actuación do Goberno Zapatero en materia de drogodependecias e inmigración, pero sobre todo, centraton a súa visita en escoitar as demandas destes colectivos.

Os socialistas creemos que son problemas que afectan á toda a sociedade e que,polo tanto, só se poden resolver coa implicación de todos e todas. Durante os últimos catro anos a loita contra a drogadicción centrouse  na posta en marcha de instrumentos de prevención, detección contra todo tipo de drogodependencias e, en materia de inmigración a actuación do Goberno tivo como eixe a integración dos inmigrantes e a loita contra a inmigración ilegal.

Os candidatos socialistas están a reunirse con diferentes colectivos sociais para coñecer as súas demandas e, se gañan o 9 de marzo, poder seguir traballando para mellorar a calidade de vida dos menos favorecidos.

Anuncios