Militantes e simpatizantes do Partido Socialista de Cea compartiron, hoxe, xantar  co secretario provincial dos socialistas, Manuel Vázquez, e cos candidatos ao Congreso e ao Senado así como con outros cargos públicos do partido.

Durante o encontro, Vázquez sinalou que “o Partido Socialista se atopa nas mellores condicións para gañar o segundo deputado o vindeiro 9 de marzo. Os cidadáns son conscientes do moito que está a cambiar a nosa provincia grazas á xestión que realiza o Partido Socialista dende o Goberno Central, dende a Xunta de Galicia e dende 27 gobernos locais. O Partido Socialista deixou de ser unha forza política residual na provincia para, pouco a pouco, irse convertendo na primeira forza”.

Os candidatos pediron aos militantes e simpatizantes “un último esforzo antes do 9 de marzo para explicar a todas e todos os veciños  o moito que fixo Zapatero pola nosa provincia nesta lexislatura que ven de rematar”.

Miguel Fidalgo afirmou  que “nunca antes un Goberno apostara tanto e tan forte por Galicia e por Ourense”, e recordou que “os pensionistas da nosa provincia teñen hoxe unha mellor calidade de vida grazas ao incremento sustancial das pensións. Non podemos esquecer que en catro anos Zapatero incrementounas moito máis do que o fixo o PP en oito anos”.

“Os ourensáns -continuou o candidato ao Senado- deben ter presente que todo o que Zapatero prometeu na campaña electoral de fai catro anos o cumpriu, polo que agora poder ter a confianza de que todo o que prometamos os socialistas nesta campaña electoral,  será realidade dentro de catro anos se gañamos o 9 de marzo. O noso presidente, José Luis Rodríguez Zapatero, ten un comprimos firme con Ourense. Recordemos que o pasado 1 de febreiro confirmaba que o AVE chegará á nosa cidade no 2012 e que esta se convertirá  no eixo fundamental das comunicacións galegas”.

Anuncios