clip_image002.jpg O número dous ao Congreso, Alberto Fidalgo, acompañado da eurodeputada, Rosa Miguélez e do alcalde de Entrimo reuniuse cos axentes sociais do municipio. Durante o encontro, Fidalgo analizou cos asistentes as potencialidades de Entrimo e, asegurou que se o Partido Socialista gaña o 9 de marzo, seguirá  a traballar para por en valor a riqueza natural e histórica deste concello. “Entrimo goza dun marco natural privilexiado que hai que potenciar e dar a coñecer”.

Anuncios