A candidata ao Congreso, Elena Espinosa, acompañada dos resto de membrosa da candidatura, reuniuse, este domingo, con maiores nunha merenda na que lles explicou todas as medidas adoptadas polo Goberno de José Luis Rodríguez Zapatero durante estes últimos catro anos, para mellorar a súa calidade de vida.

Durante o encontro, ao que  asistiron máis de cen persoas, Espinosa puido comprobar que os temas que máis preocupan aos noso maiores son as pensións e a posta en  marcha da Lei da Dependencia.

Con respecto ás pensións, a candidata explicoulles que, “fai catro anos Zapatero prometeu que subiría as pensións e así o fixo. Co Goberno socialistas as pensións subiron o dobre do que as subiu o PP en oito anos. Durante esta precampaña electoral, Zapatero volveu a prometer que, se gaña o 9 de marzo, subirá as pensións. A diferenza con fai catro anos é que agora os cidadáns teñen motivos para creer o que dicimos os socialistas”.

Sobre a Lei da Dependencia, Espinosa explicou aos maiores que se atopa na primeira fase de posta en marcha e que “esta Lei non estará en pleno rendemento ata o 2015, é neceario desenvolvela pouco a pouco para que primeiro se beneficien os máis necesitados”. Neste senso destacou que que a Lei da Dependencia prima os coidados dos dependentes nos seus fogares para evitar sacalos dos seus fogares”.

A candidata socialista tamén fixo referencia a que a Lei de Desenvolvemento do Medio Rural contempla un apartado adicado á aplicación da Lei da Dependencia.

Anuncios