clip_image0028.jpg

Membros da candidatura do PSdeG-PSOE ao Congreso e ao Senado, visitaron a Asociación de Xordos de Ourense para coñecer as demandas deste colectivo.

Durante o encontro o número dous ao Senado, Miguel Fidalgo, comprometeuse a aprender a lingua de signos para, dentro de catro anos, poder volver visitar a asociación e charlar máis distendidamente co colectivo xordo.

Os socialistas explicaron que “foi o Goberno de Zapatero o que aprobou a Lei que recoñece a lingua de signos e os medios de apoio á comunicación oral das persoas xordas, con discapacidade auditiva e xordocegas. Con esta medida aténdese unha reivindicación histórica dun colectivo que supera o millón de persoas en toda España”.

Pola súa banda o número dous ao Congreso, Alberto Fidalgo, puntualizou que “durante as lexislatura que ven de rematar aprobáronse  as normas de desarrollo para a Lei de Igualdade de Oportunidaes, non discriminación e accesibilidade universal das persoas que padecen algún tipo de discapacidade. Hai que recordar que esta Lei foi aprobada polo PP, pero deixouna sen desenvolver.

Os candidatos comprometéronse a visitar a asociación dentro de catro anos para, se o 9 de marzo gaña o Partido Socialista, dar contas do feito.

Anuncios