clip_image0025.jpgMiguel Fidalgo, candidato ao Senado, e Alberto Fidalgo, número dous ao Congreso, presentaron o programa co que o Partido Socialista se presenta ante os cidadáns para gañar as Eleccións Xerais do 9 de marzo.

 Alberto Fidalgo destacou que “o programa electoral que hoxe presentamos, trátase dun catálogo de principios e valores que os socialistas queremos transmitir aos cidadáns e, en base aos cales queremos construír unha  sociedade mellor”.

“Os socialistas -continúa Fidalgo- presentámonos a estas eleccións co aval do deber cumprido ao longo destes catro anos. A lexislatura que ven de rematar caracterizouse polo impulso ao benestar social. Durante o Goberno de José Luis Rodríguez Zapatero puxéronse as bases dunha sociedade preparada para afrontar retos de futuro”.

Pola súa banda, o candidato ao Senado, Miguel Fidalgo, destacou que o Partido Socialista preséntase a estas xerais con tres obxectivos prioritarios: lograr o pleno emprego e acadar un nivel de benestar máis elevado, rematar a modernización do noso país e, crear unha España unida, cohesionada, na que o diálogo e o consenso caractericen o xeito de facer política”.

Dende o Partido Socialista explican que nos vindeiros quince días de campaña electoral, explicarán aos cidadáns todas as propostas que levan no programa electoral.

O candidato ao Senado precisou que “é necesario que José Luis Rodríguez Zapatero volva a ser o presidente de España para garantir a continuidade de moitas das medidas postas en marcha polos socialistas nos últimos catro anos”.

“O único xeito que  o AVE chegue a Galicia nos prazos anunciados e de que Ourense se converta  nunha sociedade moderna, é que José Luis Rodríguez Zapatero volva ser o presidente de España.  Se o 9 de marzo gaña o Partido Socialista, gañan Ourense e os ourensáns”.

Con respecto á gran pegada que fará o Partido Popular en Bos Aires, Miguel Fidalgo afirmou que “este é un novo teatro dos populares. Mentres estiveron no Goberno só tiveron en conta á comunidade emigrante nos periodos electorais”.

Fidalgo recordou que foron os socialistas, nesta lexislatura, “os que aprobamos o  Estatuto de Residentes no Exterior e, convalidaron as titulacións universitarias entre moitas outras medidas”.

Os socialistas comprométense a traballar  para que os emigrantes poidan votar en urna, e defenden a creación dunha circunscrición do emigrante.

Anuncios