clip_image0027.jpg

Os candidatos ao Congreso e ao Senado abriron a campaña electoral arroupados por máis de trescentas persoas entre cargos públicos de toda a provincia, militantes e simpatizantes do Partido Socialista.

No acto, no que interviron o alcalde de Ourense, Francisco Rodríguez, o secretario provincial, Manuel Vázquez, a protagonista absoluta da noite, a candidata ao Congreso, Elena Espinosa,  tivo que parar o seu discurso en varias ocasións ante os gritos de ‘Zapatero presidente’.

Manuel Vázquez, durante a súa intervención, afirmou que “mentres certos dirixentes do Partido Popular só veñen a Ourense en campaña electoral para intentar gañar algún voto, ministros e conselleiros do Partido Socialistas visitan a provincia con frecuencia”.

Pola súa banda, Espinosa, animou a todos os cidadáns a que o 9 de marzo exerzan o seu dereito ao voto, para “consolidar o despeque económico e social da provincia. Se Zapatero gaña as xerais, Ourense  ten un futuro garantizado, faranse en toda a provincia importantes inversións que a convertirán no eixo das comunicaións de Galicia”.

Anuncios