clip_image0026.jpg

O Partido Socialista presentou a flota de vehículos e un autobús de dous pisos que percorrerán toda a provincia durante a campaña electoral publicitando as mensaxes e os actos dos socialistas.

O candidato ao Senado, Miguel Fidalgo, explicou, ante os medios de comunicación, que “o que queremos os socialistas é que todos os cidadáns da provincia teñan a oportunidade de coñecer todo o que Zapatero fixo por Ourense, por Galicia e por España durante estes catro anos e, que tamén poidan coñecer todas e cada unha das propostas e proxectos que porá en marcha se gaña o 9 de marzo.”

“Son un total de doce coches -explica Fidalgo-que se encargarán da megafonía e de repartir publicidade e, un autobús cun deseño innovador, decorado co cartel oficial da campaña electoral”.

Dende o Partido Socialista aseguran que queren facer “unha campaña que chegue a todos os cidadáns, necesitamos o apoio de todos os veciños e veciñas para seguir cambiando a provincia”.

Anuncios