A conselleira de Política Territorial, María José Caride, estivo onte en Ribadavía onde fixo balance das infraestructuras executadas polo seu departamento e polo ministerio de Fomento na comarca.

Na xuntanza estivo acompañada do candidato ao Senado, Miguel Fidalgo, que amosou a súa satisfacción pola implicación que os Gobernos socialistas tanto da Xunta de Galicia como o do Estado desmostraron e desmostran coa comarca do Ribeiro. “Todos podemos comprobar  como o Ribeiro estase a convertir nun punto  fundamental para que a nosa provincia sexa o a capital das comunicacións de Galicia”.

Ao remate da xornada, Caride participou nun mitin en Amoeiro, onde estivo acompañada da candidata número tres ao Senado, Antía García.

García aproveitou para facer balance das políticas postas en marcha por Zapatero para os xóvenes. A número tres ao Congreso recordou que “por primeira vez os líder políticos escoitaron as preocupacións e demandas dos mozos e mozas. Por primeira vez os a clase política escoitou  aos que significan o futuro da nosa provincia. Tivo que chegar un Goberno socialista para  que iso fora posible”.

Antía García finalizou pedindo o voto a todos os asistentes argumentando que “non podemos perder o tren do progreso”.

Anuncios