Mitin en Ribadavia

Levamos seis días de campaña e, en todos os actos que levamos organizados, os socialistas puidemos comprobar que o proxecto político que comezamos fai catro anos e que plantexamos para o futuro, conta co respaldo de milleiros de persoas.

Todos e cada un dos actos que levamos celebrados durante a precamapaña e a campaña, estiveron abarrotados de xente. Xente con ilusión, que nos apoia e nos da forzas para seguir traballando polo futuro desta provincia.

No mitin de Ribadavia moitos dos asistentes tiveron que permanecer fora da Casa da Culturaao igual que ocorreu no mitin de Carballiño de doutros municipios, dentro non había espacio nin para unha agulla, ata o punto de que o alcalde da vila, Marcos Blanco, comezou a súa interveción amosando o seu orgullo pola resposta da xente; “é un luxo poder contemplar dende este atril a un público tan entregado”.

Como non podía ser doutro xeito, pola súa condición de ribadaviense e de candidato ao Senado, o segundo en intervir foi Miguel Fidalgo que tivo que suspender o seu discurso en varias ocasión pola ovación que lle brindaba o público.

Fidalgo afirmou sentirse orgulloso de estar na súa vila explicando todas as actuacións que nos últimos anos os socialistas levamos realizando na comarca, “porque os socialistas non temos de que avergoñamos e podemos dar a cara. Estamos nunha comarca que o Partido Popular tivo esquecida, da que só se preocupou dela para pechar as fábricas de ataúdes, a industria do moble promovendo a emigración. No que levamos de democracia Ribadavia perdeu 10.000 habitantes”.

O candidato ao Senado insistiu en que “Galicia, Ourense e a comarca teñen un futuro impecable capitaneado polo presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño. Os socialistas estamos a ter en conta todas as demandas dos veciños e veciños da comarca aos que o PP sempre tivo esquecidos. Por primeira vez, a comarca ten importantes proxectos en desarrollo, un dos máis salientables o parque medioambiental de Carballeda de Avia”.

Anuncios