clip_image0022.jpg

O conselleiro de Economía, Fernández Antonio, o candidato ao Senado, Miguel Fidalgo e, o alcalde de Ourense, Francisco Rodríguez, reuníronse onte con representantes do Centro Comercial Aberto de Ourense.

Durante a xuntanza, Fernández Antonio, insistiu en que “a pesar de que o Partido Popular repite, unha e outra vez, que estamos en crise. Non é certo. Atopámonos ante unha desaceleración económica provocada por factores internacionais e, a pesar diso, Galicia, por primeira vez na súa historia, crece por riba da media europea e española. Está previsto que creza un 4% ao longo de 2008”.

Fernández Antonio tamén destacou que “Zapatero demostrou que non é incompatibe a posta en marcha de políticas sociais co crecemento económico. Hoxe, os españois e os galegos teñen máis dereitos, o que non é incompatible co crecemento económico do noso país, que  crece por riba de Italia e Estados Unidos”.

O conselleiro de Economía aproveitou a súa estancia na nosa cidade para anunciar que o seu departamento traballa na elaboración dun plan de apoio para o pequeno comercio de Ourense, similar ao presentado fai uns días para Ferrol.

Anuncios