clip_image002.jpg

Miguel Fidalgo e Laura Seara participaron nun mitin en Punxín onde fixeron balance da xestión de Zapatero ao longo destes últimos catro anos e, recordaron a todos os asistentes as razóns polas que Zapatero debe gañar o 9 de marzo.

O candidato ao Senado recordou que “Ourense foi unha das grandes esquecidas do Partido Popular a pesar de ser a que máis votos lle deu para que Aznar e Fraga foran presidentes”.

 clip_image0021.jpg

“Durante os últimos catro anos, nos que o Partido Popular non aprendeu a facer oposición, Rajoy e os seus secuaces dedicáronse a criticar todas as propostas do Goberno de Zapatero sen ser capaz de presentar ningunha alternativa”.

Fidalgo rematou a súa intervención facendo un retrato de Rajoy. “Non podemos esquecer que Rajoy é o home que fixo o decretazo, é o home que aprobou a LOU sacando á rúa a milleiros de estudantes, é o home que conxelou o soldo dos funcionarios, é o home que falaba de ‘hilillos de plastilina’ mentres as nosas costas se enchían de petróleo. Ese é Rajoy, ¿que nos pode ofrecer agora?”.

Anuncios