Nunha entrevista concedida a Onda Cero, o candidato ao Senado, Miguel Fidalgo,  animou a todos os ourensáns a votar con indiferencia da orientación do seu voto.

 Fidalgo fixo un especial chamamento aos xóvenes aos que lles pediu que o 9 de marzo acudan ás urnas “porque non poden deixar escapar a oportunidade de ter un Goberno que se preocupe polo futuro dos nosos mozos e mozas. Por primeira vez en moitos anos, as inquedanzas dos xóvenes foron escoitadas por un Goberno, por un Goberno do Partido Socilaista”.

O candidato ao Senado afirmou que “a taxa de paro na provincia de Ourense é a máis baixa da democracia. Estamos preto do pleno emprego que esperamos conseguir na vindeira lexilatura”.

Fidalgo animou aos oíntes a vota a Zapatero quen ·”acadou logros históricos, a aprobación da Lei da Dependencia, a Lei da Igualdade, a Lei de Desenvolvento Sostible do Medio Rural, avances en infraestruturas, axudas ás familias e moitas outras iniciativas que tan só teñen  garantida a súa continuidade se o 9 de marzo gaña o Partido Socialista”.

Anuncios