lazo.jpg

O Comité Electoral do Partido Socialista na provincia de Ourense comunica que, queda suspendida toda actividade de campaña por mor do asasinato do ex-concelleiro socialista, Isaías Carrasco. 

O PSdeG-PSOE condena firmemente e expresa o seu rexeitamento máis enérxico fronte ao asasinato desta mañá contra un ex-concelleiro do PSE. 

Os socialistas manifestan  que “a banda terrorista xamais conseguirá vencer á democracia, á convivencia en paz e á liberdade de todos os españois. O terrorismo non ten cabida na sociedade democrática. Só co traballo unido de todas as forzas políticas e sociais, o Estado de Dereito porá fin a esta lacra e os asasinos pagarán as súas culpas.”  

Anuncios